DIARIO ECONÓMICO DEL EJE ATLÁNTICO
"Humano es errar; pero sólo los estúpidos perseveran en el error."
Cicerón
FUSIÓN CAIXAS
Feijóo pide ao Goberno "que poña data" para volver negociar a Lei de Caixas
Que "bloquea" coa "axuda" do PSdeG
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este venres ao Goberno central, con José Luis Rodríguez Zapatero á fronte, que poña data" para retomar as negociacións sobre a Lei de Caixas galega que, ao seu xuízo, "segue mantendo bloqueada coa inestimable axuda de dirixentes do PSdeG".
"É moi difícil acordar con quen non quere negociar e o Goberno central ten a chave de seguir negociando, de poñer unha data; sexa hoxe ou mañá pola mañá, en calquera momento, a delegación da Xunta estará nunha hora nesa mesa da que o Goberno se levantou unilateralmente hai máis dunha semana", asegurou o máximo mandatario galego.
Núñez Feijóo tamén se pronunciou sobre a petición do voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, de que negocie directamente co presidente estatal, José Luis Rodríguez Zapatero, unha suxestión que asegurou respectar, pero advertiu ao líder nacionalista de que é o Executivo central o que "segue bloqueando" o proceso, mentres el "traballa" para desbloquealo.
"Levamos máis dunha semana en que o goberno central non quere falar coa Xunta, que segue sentada na mesa de negociación da que eles se levantaron," incidiu o xefe do Executivo, ao tempo que recriminou o Executivo de Zapatero que "se negue a poñer outra data para seguir falando".
"Se o día de mañá o Goberno de España quere volver á mesa de negociación, a Xunta segue sentada", insistiu Feijóo e lamentou que, polo momento, a actitude do Executivo estatal evidencia que o que quere é "seguir bloqueando as caixas galegas coa axuda inestimable de dirixentes do PSdeG".
Pola súa banda, remarcou que el "traballa" con todo o Goberno para "desbloquear a fusión das caixas galegas" e retó a Zapatero a que acepte "desbloquear" as negociacións. "A ver se entre todos somos capaces de transmitilo ao Goberno de España que Galicia está unida para desbloquear a fusión das caixas, que quere que as súas caixas sigan aquí e sumar o aforro dos galegos, para crear unha grande entidade, que sería a quinta de España", concluíu.
FUSIÓN CAIXAS
A vicepresidenta económica do goberno, Elena Salgado, mostrouse este xoves de acordo coa idea do PP de...
FUSIÓN CAIXAS
Zarrías insiste en que a Xunta debe enviar a súa proposta sobre a Lei de Caixas
O secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, insistiu este xoves en que é a Xunta...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este xoves que o...
A venda de vivendas reduciuse un 19,4% en Galicia en 2009,...
Galicia foi a terceira comunidade na que menos caeu o produto...
IMAGEN DEL DÍA
Nissan ha elaborado un plan industrial para su factoría de vehículos comerciales de Ávila que contempla reducir la plantilla desde los 650 trabajadores actuales a 500 empleados, así como la adjudicación de la fabricación de un nuevo producto a estas instalaciones, informó la compañía.