DIARIO ECONÓMICO DEL EJE ATLÁNTICO
"Humano es errar; pero sólo los estúpidos perseveran en el error."
Cicerón
TEMPORAL GALICIA
O forte vento e as chuvias causan numerosas verteduras, inundacións e caídas de árbores por toda Galicia
O 112 atendeu máis dun centenar de incidencias durante a noite, a maior parte nas provincias da Coruña e Pontevedra
O forte vento e as intensas chuvias caídas ao longo da noite provocaron máis dun centenar de incidencias por toda Galicia, como inundacións, verteduras, e a caída de árbores e outros obxectos sobre a rede viaria.
Segundo os datos facilitados a Europa Press polo 112, ata as 7.30 horas de este xoves localizáronse verquidos en 21 municipios da provincia da Coruña, como Oleiros, Porto do Son, Santiago, Ames, A Baña, Fene e Carballo, entre outros.
Na provincia de Pontevedra resultaron afectados 37 concellos por verteduras, entre eles Agolada, A Cañiza, Cerdedo, A Estrada, Moaña, Tui, Vigo, O Porriño, Pontevedra e Redondela.
Pola súa banda, na de Lugo houbo verquidos nunha ducia de municipios, como Becerreá, Ás Nogais, Castro de Rei, Mondoñedo e Vilalba; mentres que unha decena resultaron afectados en Ourense, entre eles O Barco, Boborás, Carballeda, Verín e a capital das Burgas.
INUNDACIÓNS
En canto a inundacións de rúas, baixos e estradas, sete municipios coruñeses resultaron afectados na provincia da Coruña, como Boiro, Noia, Ribeira, Teo, Brión e Ames; 16 en Pontevedra, como A Estrada, Cotobade, Forcarei, O Grove, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Vilanova, Mos e O Porriño; seis en Lugo, entre eles O Corgo, Bóveda, Mondoñedo e Sarria; e dous en Ourense, Melón e Pobra de Trives.
En concreto, no municipio coruñés de Teo ás 9.15 horas alertaron do posible desbordamento do río se seguía chovendo; mentres que en Arzúa (A Coruña) saíron efectivos do Grumir pola presenza de "múltiples" bolsa de auga en estradas da zona.
Así mesmo, nas localidade coruñesa de Brión avisaron de que o Río Ulla estaba a punto de desbordarse e inundara un parque e a auga se aproximaba a vivendas, polo que a Policía Local enviou efectivos á zona.
Nas provincias de Pontevedra e A Coruña, as máis afectadas polo temporal de vento e chuvias, realizáronse tamén numerosas intervencións pola presenza de árbores, sinais e outros obxectos caídos en estradas.
DESPRENDEMENTO
Tamén, sobre as 8.00 horas o 112 foi alertado dun desprendemento de terra na estrada PO-213 ao seu paso pola Estrada (Pontevedra).
Na estrada que une as localidades coruñesas de Brión a Noia rexistrouse outro desprendemento sobre as 8.30 horas pasando a poboación dos Ánxeles.
Ademais, efectivos de Protección Civil saíron nas últimas horas a realizar labores de prevención de riscos --como cortar ramas a punto de caer-- en Santiso (A Coruña), Cenlle e Ribadavia na provincia de Ourense, e no Porriño, Pontevedra e Vigo.
SALUD
Los fumadores verán tumores, pulmones cancerosos o dientes dañados en sus cajetillas, a partir de mayo
Un total de 14 imágenes sobre los efectos nocivos del tabaco deberán ser incluidas por...
TEMPORAL
O 112 atendeu unhas 1.000 incidencias en 203 concellos
O Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia atendeu este sábado unhas 1.000 incidencias relacionadas directamente co...
Galicia estará en alerta vermella entre este sábado pola tarde e a madrugada...
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta avisa para este...
El Pleno del Senado aprobó este miércoles de manera definitiva la...
IMAGEN DEL DÍA
Nissan ha elaborado un plan industrial para su factoría de vehículos comerciales de Ávila que contempla reducir la plantilla desde los 650 trabajadores actuales a 500 empleados, así como la adjudicación de la fabricación de un nuevo producto a estas instalaciones, informó la compañía.